Benvidos o novo Blogue de Ciencias da Natureza!

Neste blogue podemos afondar máis naqueles temas do voso interese relacionados coa asignatura.

O xeito de traballar no blogue é publicando artigos (post) relacionados cos temas que falamos na clase. Poden ser novas, artigos ou presentacións relacionados coa Ciencia e o Cambio Climático.

Tamén podedes colaborar comentando os artigos publicados polos compañeiros, pero sempre dun xeito construtivo e respetuoso. Tratade de ser orixinais e de que os vosos comentarios enriquezan ou engadan información ao artigo, e evitade que o voso comentario se reduza a un simple “me gusta”, así que procurade explicar ou argumentar as vosas afirmacións.

Lembrade que tanto artigos como comentarios serán revisados polo profesor antes de ser publicados.

Co obxectivo de conseguir un blogue interesante e que nos motive tanto a participar nel coma a estar atentos aos novos artigos que iremos publicando entre todos tratade de ser orixinais, escollede novas de actualidade cun titular rechamante e non vos limitedes a copiar da internet.

Sabedes que o voso esforzo non será de balde, pois ademais de estar ao día das novas científicas aprenderedes a colaborar nun blogue e recibiredes unha nota positiva por cada artigo publicado no blogue.

Anímovos a facer un Blogue interesante entre todos!

Esta entrada foi publicada en Benvidos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Benvidos o novo Blogue de Ciencias da Natureza!

  1. prueba1 di:

    Lembrade que os comentarios e os artigos deben ser aprobados polo profesor antes de ser publicado.

Deixa unha resposta