Terraformación, a búsqueda da solución fora do noso planeta.

Que pasa se non somos capaces de frear o cambio climático? Existen alternativas para que sobreviva a especie humana?

Algúns científicos están a empezar a falar da Terraformación. O término terraformación apareceu por primeira vez nun conto de ciencia ficción de Jack Williamson, titulado Órbita de colisión e publicado na revista Astounding Science Fiction en xullo de 1942. Os científicos adoptárono posteriormente para propósitos máis académicos, aínda que moitas das propostas científicas para a terraformación de Marte teñen moito de ciencia ficción.

Que é a Terraformación?. Consiste nun proceso de enxeñería planetaria, dirixido a mellorar a capacidade dun planeta estéril para soster vida.

É posible a terraformación? Utilizando modelos climáticos a resposta pode ser que si. Coa tecnoloxía actual, poderíase transformar o clima de Marte, facéndoo capaz de soportar a vida.  Unha terraformación total (lograr un planeta totalmente habitable para humanos e outros animais) é unha meta moi distante, pero non imposible.

Por que Marte?. Moitas das principais propiedades de Marte son bastante similares ás da Terra. En ambos planetas a duración dos días son unhas 24 horas, unha consideración moi importante para as plantas, as cales están adaptadas á fotosíntesis cando brilla o sol.

As maiores dificultades:

– Marte tamén ten estacións, aínda que máis longas que as terrestres, pero as plantas poderían adaptarse a esas diferenzas

– A gravidade marciana é un terzo da terrestre. É descoñecido si a vida podería adaptarse a unha gravidade reducida.

– A súa atmosfera de dióxido de carbono é demasiado delgada como para sustentar vida.

Esta entrada foi publicada en Do Big Bang ao problema ecolóxico e etiquetada . Garda o enlace permanente.