As ondas de Nazaré

Cada ano o surfeiro Garrett Macnamara mira no seu ordenador para saber o mellor momento para ir ata un lugar de Portugal chamado Nazaré. Isto débese a que en Nazaré prodúcense unhas ondas de gran tamaño. Estas ondas nacen a uns 230km da costa portuguesa e a 5000m Baixo o nivel do mar. En novembro do ano 2013, Garret superou o seu record de onda cabalgada. Esta onda que superou a súa anterior marca tiña unha altura de 30 metros.  Estas ondas da costa de Portugal son moi perigosas xa que un só erro nun día de treboada como os pasados días de nadal, e poderías ter unha masa de auga de 30 metros sobre ti.


 

Esta entrada foi publicada en Océanos, Olas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta